top of page

A Xunta inviste en accesibilidade e en estimulación cognitiva na residencia As Dores de Lalín

Destina preto de 150.000 euros con cargo ao 0,7 % do IRPF a estas actuacións, que redundarán no benestar das persoas usuarias do centro


Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou onte o compromiso do Goberno galego coa mellora dos centros residenciais e o desenvolvemento de programas que melloren a calidade de vida das persoas usuarias dos mesmos. Díxoo durante unha visa á residencia As Dores, que conta con prazas financiadas pola Xunta de Galicia.

Este centro residencial recibiu unha achega de preto de 150.000 euros con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). En concreto, estes fondos empréganse en continuar coas obras de mellora da accesibilidade, da habitabilidade e da eficiencia enerxética, co fin de que os usuarios poidan desfrutar dunhas instalacións máis confortables. Así, entre outras actuacións, crearase unha sala de visitas e ampliarase o comedor do centro, ademais de reformarse os aseos


Así mesmo, estas achegas sufragan un programa de estimulación cognitiva a través de música. O director xeral explicou que este tipo de iniciativas son clave para previr demencias e fomentar un envellecemento activo e saudable.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Antón Acevedo enmarcou estas axudas no apoio que o Executivo autonómico presta a todas aquelas iniciativas que redunden na mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page