top of page

A Xunta investiu preto de 420.000 euros no obradoiro dual de emprego de Lalín

Este formou a 20 desempregados


Laura Moure/Lalín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este luns na clausura do obradoiro de emprego dual Sámago, no concello de Lalín. Trátase dun obradoiro que formou a 20 persoas desempregadas nas especialidades de auxiliares en conservación e mellora de montes e auxiliares de revestimentos de construción.

Este obradoiro, que tivo unha duración aproximada de nove meses, foi posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 420.000 euros. Así, o alumnado recibiu a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso. Ademais, estas prácticas reverteron a favor do seu concello, xa que os participantes realizaron traballos dentro do seu municipio.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Cabe destacar que a provincia de Pontevedra contou nesta convocatoria con vinte obradoiros deste tipo que formaron a case 400 alumnos e alumnas grazas a un

investimento total de máis de 8 millóns de euros. Na comarca de Deza-Tabeirós, tamén se

levou a cabo un obradoiro dual de emprego no concello de Rodeiro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O delegado territorial felicitou a todos os participantes e entregou os diplomas que

acreditan as súas novas habilidades, unhas habilidades que, segundo explicou, “abren un

mundo de posibilidades laborais, dende o emprendemento, á innovación ou o traballo en

grandes empresas da zona que precisan de man de obra cualificada”.


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page