top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta investirá preto de 700.000 euros na mellora de camiños nos oito concellos de Deza-Tabeirós

O delegado territorial visitou os resultados das obras levadas a cabo co Plan Marco 2023-2024 e anunciou as actuacións que serán posibles grazas á convocatoria deste ano


Laura Moure/Deza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o resultado das obras de mellora do acceso municipal a Balántiga, no concello de Silleda e de dous camiños en Pazos e Asorei, no concello de Vila de Cruces. As obras, que foron posibles grazas ao Plan Marco 2023-2024 da consellería de Medio Rural e contaron cun orzamento de preto de 95.000 e 70.000 euros respectivamente, permitiron mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos veciños e veciñas da zona.

O delegado territorial aproveitou a visita para anunciar as obras que se levarán a cabo nestes concellos grazas ao Plan Marco 2024-2025 e que, cun orzamento semellante ao

do ano pasado, permitirán mellorar un camiño municipal en Casamaría (Rabo de Gato), no caso de Silleda, e un camiño en Castrelo (Bodaño), no concello de Vila de Cruces.


Publicidade

Cabe destacar que o Plan Marco 2024-2025 deixará na comarca do Deza-Tabeirós preto

de 700.000 euros en investimentos que permitirán, ademais das obras citadas, mellorar os

camiños da Igrexa (Paradela) – Trasmonte (Barbude) e A Costa (Arnois), no concello da

Estrada; as pistas de Orrea e Bais, en Agolada; un camiño en Rexoa e outro en Trabazos,

en Dozón; varios camiños na parroquia de Pereira, en Forcarei; o camiño Carracedo-San

Paio, en Lalín; e o acceso a varias parcelas agrícolas en Álceme, no concello de Rodeiro.


Publicidade

Neste sentido, Reguera lembrou que estas axudas facilitar o mantemento de moitas pistas

municipais que, “sobre todo nos concellos máis extensos e rurais, o seu mantemento e

conservación supón un auténtico esforzo para os alcaldes e alcaldesas”.


O Plan Marco 2024-2025 conta cun orzamento para a provincia de Pontevedra de máis de 3,2 millóns de euros.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page