top of page

A Xunta investirá preto de 500.000 euros para seguir desenvolvendo dúas parcelarias en Cruces e Silleda

Licitáronse os contratos de servizos técnicos das parcelarias de Brandariz-Obra-Sector

Brandariz, en Vila de Cruces, e de Oleiros, en Silleda


Laura Moure/Deza

A Consellería do Medio Rural vén de publicar na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o anuncio de licitación da contratación de dous lotes de servizos técnicos en procesos de reestruturación parcelaria noutros tantos concellos da provincia de Pontevedra, cun importe global de case 500.000 euros. Os licitadores poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do día 23 de xaneiro.


En concreto, estes contratos permitirán desenvolver traballos nas concentracións parcelarias de Brandariz-Obra-Sector Brandariz, en Vila de Cruces, e de Oleiros, en

Silleda. O proxecto que se licita é para a colaboración dos servizos técnicos para a

actualización das bases, a realización de acordo de reestruturación parcelaria e a

colocacións dos marcos dos novos predios resultantes.


Publicidade

Estes dous lotes forman parte dun total de 13 que se veñen de publicar na plataforma de

contratación da Xunta cun orzamento global de case 4 millóns de euros, no que se inclúen

seis parcelarias da provincia da Coruña, catro de Lugo e unha de Ourense. Dependendo

da zona, realizaranse múltiples operacións que forman parte das actuacións previstas para

a reestruturación da terra.


Poñer en valor a terra agraria

A Xunta segue a traballar para poñer en valor o territorio e, a través da Lei de recuperación

da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, mobilizáronse 35.000

hectáreas en toda a comunidade nesta lexislatura.


Publicidade

En canto ás concentracións parcelarias, dende o 2020 rematáronse un total de 30 procesos de reestruturación, abranguendo unha superficie de máis de 19.800 hectáreas e beneficiaron a máis de 14.600 propietarios. Ademais, dende o ano 2021 decretáronse 29

novas parcelarias ao longo de toda Galicia, abarcando case 24.000 hectáreas de máis de

16.300 titulares.


No vindeiro ano, o goberno galego manterá o seu compromiso coas reestruturacións

parcelarias e destinaranse 24 millóns de euros para seguir avanzando nestes procesos,

que son fundamentais para organizar o territorio e poñelo en valor.


Publicidade

Ademais, este venres publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas

para a mellora de infraestruturas viarias vinculadas ás concentracións parcelarias, cun

orzamento de 6 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a

partir deste sábado.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page