top of page

A Xunta investirá máis de 580.000 euros para renovar as fiestras e o SATE do colexio de Boimorto

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles


Laura Moure/Boimorto

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, visitou o CPI Armando Cotarelo Valledor para anunciar un investimento de máis de 580.000 euros para levar a cabo a substitución de fiestras e a renovación do SATE (sistema de aislamento térmico exterior) no edificio infantil e na parte nova do edificio principal.

O representante do Goberno autonómico puntualizou que con este tipo de actuacións o Goberno autonómico está a traballar para transformar e adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais “facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”. Neste senso, engadiu que, “dende a Xunta seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Con respecto á obra prevista consistirá na substitución de todas as carpinterías exteriores obsoletas que quedan de substituír (as da planta segunda xa foron cambiadas) e a execución dun illamento térmico exterior continuo mediante un sistema SATE nas fachadas norte, sur, leste e oeste do edificio.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Tal e como sinalou o titular do departamento educativo da Xunta, estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas, con espazos funcionais, amplos e flexibles, mobiliario con rodas, etc. Dotado cun orzamento de 191M€, a través deste plan prevese renovar catro de cada 10 centros educativos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Esta actuación conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page