top of page

A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar de Deza

Este mes sairá a licitación deste servizo que permitirá que familias e menores non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para as visitas establecidas polo réxime xudicial


Laura Moure/Lalín

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Lalín, José Crespo, para analizar os retos futuros e inmediatos na mellora dos servizos sociais nesta localidade. Entre os asuntos tratados nesta reunión, atopouse a creación do futuro Punto de Encontro Familiar (PEF) de Deza que dará cobertura ás familias de todos os concellos desta comarca. O Goberno galego sacará este mesmo mes a licitación pública o impulso deste servizo por un importe superior aos 125.000 euros.

 

Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Será o noveno centro desta tipoloxía en toda a Comunidade xunto aos xa existentes nas sete cidades galegas e na comarca do Barbanza. Ademais, o Goberno galego impulsará novos centros nas principais comarcas galegas para favorecer que as familias e os menores non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para facer as visitas establecidas polo réxime xudicial. O obxectivo é chegar aos 14 centros por toda Galicia e achegar así estes recursos ao maior número de familias posible.

 

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais da creación deste centro, a reunión entre a conselleira e o rexedor lalinense serviu para estudar a posibilidade de mellorar outros servizos sociais do concello para pequenos e maiores. Fabiola García destacou que o Goberno galego impulsa servizos de conciliación para nenos de 0 a 3 anos nas dúas escolas infantís públicas autonómicas deste concello e tamén atende as necesidades dos máis maiores a través do Bono coidado no fogar, que lles ofrece unha axuda económica de 5.000 euros ao ano para seguir sendo atendidos nas súas casas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page