Será o vindeiro 2 de xaneiro para o gando bovino e ovino de toda Galicia
Laura Moure/Xeral
A Consellería do Medio Rural comezará o vindeiro 2 de xaneiro unha nova campaña de vacinación gratuíta fronte á lingua azul destinada ao gando bovino e ovino de toda Galicia. A campaña arrancará nas explotacións das zonas restrinxidas desta enfermidade declaradas o pasado mes de novembro.
Publicidade
As áreas incluídas nesta delimitación corresponden á provincia da Coruña e ás comarcas veterinarias da Mariña Central, A Mariña Oriental, A Mariña Occidental, Terra Chá Guitiriz, Terra Chá Castro, Terra Chá Vilalba, Meira, Lugo, A Ulloa, Os Ancares e A Fonsagrada, na provincia de Lugo. A campaña comezará en Santa Comba e Mazaricos, na Coruña; e na Pastoriza, Portomarín e Barreiros, en Lugo.
Publicidade
Un mes despois iniciarase tamén a campaña do 2024 na zona restrinxida declarada en febreiro de 2023, e polo tanto xa vacinada ao longo deste ano.
Deste xeito, revacinaranse os animais das provincias de Ourense e Pontevedra, e das comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, en Lugo. Neste caso, ademais de realizarse a revacinación dos animais, vacinaranse tamén por primeira vez aos animais que estean sen facelo, por ter nado con posterioridade ás visitas efectuados polo persoal de vacinación ou por ser incorporados dende a zona libre.
Publicidade
Outras opcións
A Consellería do Medio Rural recorda que as persoas gandeiras que o desexen poden recorrer aos servizos de persoal veterinario libre ou ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG), tanto para vacinar a explotación completa como para facelo posteriormente cos animais nados trala a vacinación en saba. Neste caso, cómpre sinalar que a Xunta autorizou para realizar dita vacinación a todo o persoal veterinario que o solicitou e que a Consellería do Medio Rural entregará gratuitamente a vacina a ese persoal.
A Xunta recorda a importancia de realizar a vacinación, ben a través do servizo público, ben acudindo aos servizos de persoal veterinario libre ou de ADSG, antes de que comece a época do vector, co obxecto de ter protexidos aos animais e evitar a difusión da enfermidade, por un lado, e que as explotacións non se vexan afectadas nos movementos dos seus animais, por outro.
Comments