top of page

A Xunta inicia as obras de ampliación do saneamento da parroquia de Santa María, en Melide

A actuación supón un investimento de máis de 150.000 euros e cuxa duración estimada é de dous meses


Ecos da Comarca/Melide

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as obras de ampliación do saneamento da parroquia de Santa María, no concello de Melide, que darán servizo a unha ducia de vivendas.

Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ás obras, esta actuación, que supón un investimento de máis de 150.000 euros e cuxa duración estimada é de dous meses, consiste na execución dun novo colector de saneamento de 453 metros e de 10 pozos de rexistro que permitirán conectar unha ducia de vivendas á rede municipal.


Esta obra vén complementar a actuación executada con anterioridade para dotar dun servizo de saneamento a esta parroquia e ambas iniciativas supoñen, en total, un investimento de preto de 280.000 euros.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Deste xeito, tal e como subliñou Ángeles Vázquez, a Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De feito, Augas de Galicia dispón este ano de 144 millóns de euros -un 5% máis que en 2024- para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación, así como a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page