top of page

A Xunta incentiva medidas de igualdade laboral e conciliación de 15 firmas, entre eles unha palense

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O delegado territorial de Lugo explica que ata o 10 está aberta a nova convocatoria e poden presentar solicitudes as micropemes, pemes e persoas traballadoras autónomas


Laura Moure/Palas de Rei

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou no último ano 76.000 euros a 15 empresas lucenses para implantar medidas de igualdade laboral, de corresponsabilidade, e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, así como sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial. Entre estas firmas unha está situada no concello de Palas de Rei, aínda que o ente automómico non menciona o nome delas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que os beneficiarios son pequenas e medianas empresas (pemes), micropemes ou traballadores autónomos que teñen contratadas a persoas traballadoras por conta allea; suman 18 achegas -tres firmas reciben por varios conceptos- e a metade están orientadas a promover o teletraballo e á adquisición dos elementos tecnolóxicos que o posibilitan. Porén, o principal investimento concéntrase na segunda liña más demandada, os incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria, aos que acceden seis empresas con axudas totais por importe de 53.000 euros.


As entidades beneficiarias están situadas nos municipios de Lugo (5), Monforte de Lemos (3), e Ribadeo, Vilalba, Portomarín, Palas de Rei, Burela, Castro de Rei e Sarria.


Arias sinalou que os principios da responsabilidade social empresarial “contribúen a xerar emprego de calidade á vez que constitúen unha ferramenta de produtividade e competitividade”. Ao respecto, lembrou que está aberta a convocatoria deste ano, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de marzo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O delegado destacou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano 2023 cerca de 17M€ (16,8M€) a distintas iniciativas para apoiar á conciliación e a corresponsabilidade, a igualdade e o benestar laboral.


Na mesma liña, lembrou que a Consellería traballa no II Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2022-2025, co foco posto en avanzar no reparto das tarefas familiares de coidados entre mulleres e homes e reforzar o benestar laboral nas empresas.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page