top of page

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética nos vestiarios do campo de fútbol de Sobrado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o Concello para coñecer as accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local e do Fondo de Compensación Ambiental na liña non competitiva


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou onte o campo de fútbol municipal de Sobrado para coñecer as actuacións de mellora da eficiencia enerxética realizadas co apoio da Xunta. O Goberno galego colaborou neste  proxecto cunha achega de case 60.000 euros no marco da liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes.


A actuación contemplou a mellora da eficiencia enerxética da edificación existente, actuando sobre a eficiencia das instalacións de xeración de auga quente sanitaria, xa que se trata do consumo máis importante desta instalación. Para mellorar a eficiencia enerxética deste edificio realizouse unha nova instalación baseada na enerxía xeotérmica, mediante a incorporación dunha bomba de calor de elevada eficiencia enerxética que aproveita a calor existente na terra mediante unha sonda. Con esta medida redúcese notablemente o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións de gases de efecto invernadoiro asociados á produción eléctrica convencional. Asociado a esta medida, o proxecto tamén contemplou un subcuadro eléctrico conectado ao principal para alimentar a esta instalación, co correspondente cabreado e canalizacións, así como unha nova porta para o local de instalacións onde se vai a situar a bomba de calor e os depósitos.

A actuación enmárcanse nesta liña dotada con 5 millóns de euros e destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais, con prioridade para as instalacións deportivas. Na comarca de Betanzos hai 6 concellos beneficiarios desta orde con achegas que suman 336.000 euros. Así, ademais de en Sobrado, a Xunta colabora tamén en proxectos similares con Oza-Cesuras, Abegondo, Miño, Mesía e Bergondo. Non conxunto da provincia coruñesa o número de beneficiarios ascende a 28, cun orzamento global superior a 1,5 millóns de euros.


Fondo de compensación Ambiental non competitiva

 A representante do Goberno autonómico supervisou tamén o resultado das obras de renovación do alumeado público na parroquia de Porta. Unha actuación que contou co apoio do Goberno galego dentro da orde de axudas do Fondo Compensación Ambiental liña non competitiva.Concretamente, Sobrado recibiu unha axuda de case 32.000 euros para levar a cabo a substitución de 12 luminarias do alumeado público de titularidade do Concello no lugar de Porta (casco urbano), saída cara Curtis, co fin de mellorar e incrementar a eficiencia enerxética.


A delegada da Xunta lembrou que este ano o Fondo de Compensación Ambiental suma na súa liña non competitiva un investimento de case  6 millóns de euros para apoiar accións en 109 concellos con parques eólicos no seu territorio. Segundo sinalou Belén do Campo, a través deste fondo, fináncianse servizos municipais dedicados á protección do medio e medidas destinadas a evitar a degradación ambiental, actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables, a compra de vehículos con distintivo ambiental, a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais ou intervencións en núcleos para integrar a contorna natural e campañas divulgativas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A delegada da Xunta lembrou que este ano o Fondo de Compensación Ambiental suma na súa liña non competitiva un investimento de case  6 millóns de euros para apoiar accións en 125 concellos con parques eólicos no seu territorio. Segundo sinalou Belén do Campo, a través deste fondo, fináncianse servizos municipais dedicados á protección do medio e medidas destinadas a evitar a degradación ambiental, actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables, a compra de vehículos con distintivo ambiental, a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais ou intervencións en núcleos para integrar a contorna natural e campañas divulgativas.


Na comarca de Betanzos recibiron estes apoios, ademáis de Sobrado, os concellos de Aranga, Curtis, Irixoa e Vilasantar por un importe total de mais de 125.000 euros.

A delegada da Xunta incidiu na importancia da colaboración entre o Goberno galego e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, Belén do Campo sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos municipios máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario resultaríalles máis complicado ou non serían posibles.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page