top of page

A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous materiais do Camiño Francés

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O director de Turismo de Galicia destacou que este roteiro é o máis concorrido asumindo case o 50% dos peregrinos que chegan a Compostela


Ecos da Comarca/Xeral

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou onte á na presentación da Guía Dixital do Camiño Francés e do manual de identidade corporativa da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés. Xosé Merelles puxo en valor a edición dos dous materiais froito dun acordo con esta entidade, unha alianza dinámica e de gran produtividade, que permite “garantir unha boa acollida aos peregrinos”.


Durante a súa intervención, salientou ademais que o roteiro francés é o máis concorrido, con practicamente o 50% dos peregrinos que chegan cada ano a Compostela. “O Camiño transmite cultura, identidade, pero tamén xera riqueza e actividade produtiva”, salientou ao tempo que afirmou que “no que vai de ano, foron xa máis de 233.000 peregrinos os que fixeron este roteiro, un 8% máis que no mesmo período de 2023”.

O acto tivo lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Referíndose á Guía Dixital do Camiño Francés, o director de Turismo de Galicia destacou que “anima a facer o roteiro xacobeo abrindo todos os sentidos para así descubrir a potencialidade enriquecedora das paisaxes, sabores, sons e emocións que provoca o paso polos once concellos da Mancomunidade” durante os 160 quilómetros que suman este treito galego.


Ademais, Xosé Merelles enmarcou a edición desta guía “na nosa estratexia de dixitalización que desde Turismo de Galicia queremos impulsar para 2025” apoiando a modernización e innovación do sector, e tamén no Plan Director dos Camiños de Santiago dotado con máis de 100M€. “Nel inclúense medidas de conservación, mantemento dos roteiros e outras moitas iniciativas para seguir facendo un Camiño a Santiago cada vez mellor”, asegurou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto ao manual de identidade corporativa da Mancomunidade, o director de Turismo de Galicia destacou que se trata “dun instrumento de gran utilidade que afianza a unidade dos Concellos ao redor do Camiño de Santiago e que ofrece así unha imaxe compacta e única”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page