top of page

A Xunta humanizará as rúas Mollados e Forcarei en Arca cun orzamento de 600.000 euros

A Consellería de Vivenda aportará 423.000 euros e o Concello do Pino 181.519


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino vai humanizar as rúa dos Mollados e a de Forcarei en Arca grazas a unha achega da Consellería de Vivenda, que será quen execute as obras previstas para este ano e o que vén cun orzamento total de 605.065 euros. Do importe total, a Xunta financia 423.545 euros e o Concello 181.519 euros.


Para asumir os compromisos necesarios para a execución destas obras, a Corporación do Pino aprobou onte en pleno extraordinario un gasto plurianual e tamén unha modificación de crédito para ter dispoñibles os 55.023 euros que o Concello debe aportar este ano.

As obras consistirán na humanización da rúa dos Mollados (que vai dende preto do colexio ata a N-550) e da rúa Forcarei, que enlaza a anterior coa casa consistorial pasando pola praza de Forcarei. “Vaise mellorar o firme, colocar novas beirarrúas, facer un carril bici e soterrar o cableado”, indicou o alcalde, Manuel Taboada.


O orzamento do proxecto elaborado pola Consellería de Vivenda ascende a 605.065 euros,

dos que a Xunta financiara 423.545 (128.387 euros serán aportados este ano e 295.158 euros durante 2026).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, o Concello deberá aportar 55.023 euros este ano (motivo polo que se

aprobou en Pleno a modificación de crédito) e reservar outros 126.496 euros nos orzamentos de 2026 (garantidos co acordo de gasto plurianual).


Unha vez ratificados polo Pleno a modificación de crédito e o gasto plurianual, o Concello

deberá asinar agora o convenio coa Consellería de Vivenda, que será a que licite a execución das obras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que con este acordo poderán “acometerse unhas obras importantes no núcleo de Pedrouzo, que van mellorar a seguridade viaria dos peóns e do alumnado que estuda no CPI Camiño de Santiago. Agradecemos a colaboracion da Consellería de Vivienda e Planificación de Infraestruturas, así como a outras infraestruturas financiadas pola Xunta de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page