top of page

A Xunta habilita un novo acceso aos permisos de queimas a través da aplicación móbil XuntaEu

Os usuarios da app poderán dispor desta utilidade seleccionando o botón “Contacta coa Xunta”


Ecos da Comarca/Xeral

Xa está dispoñible unha nova forma de tramitar as comunicacións de queimas, accedendo a través da aplicación móbil XuntaEu. Así, os usuarios desta app que seleccionen o botón “Contacta coa Xunta” terán ao seu dispor, entre outras utilidades, a ligazón de permisos de queimas (Comunicación de queimas - internet), así como o número de teléfono 085, ao que se debe chamar para alertar dun posible incendio forestal.

Unha vez dentro do devandito portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.


As comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións para efectuar queimas de restos forestais amoreados deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.


Publicidade  

XuntaEu é unha app pensada para axudar aos cidadáns a relacionarse coa administración electrónica da Xunta de Galicia. Permite, entre outros servizos, xestionar o usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou darse de baixa), consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica, consultar as notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos, etc.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén se pode empregar para comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE) ou consultar os certificados ou tarxetas para telos sempre a man. XuntaEu tamén axuda a manter os datos actualizados e seguros, así como avisar de novidades ou citas previas. Para acceder a esta app, que está dispoñible para móbiles Android e iOS, é necesario dispoñer de Chave365 ou DNIe.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page