top of page

A Xunta financia a contratación de preto de 20 desempregados en Deza-Tabeirós a través do Aprol-Rural

O delegado visitou Vila de Cruces e Agolada que recibirán unha achega de 32.000 € e 48.000 € que permitirán a contratación de dous e tres traballadores respectivamente


Ecos da Comarca/Deza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta luns os concellos de Vila de Cruces e Agolada con motivo do programa Aprol Rural. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que procura

promover accións de fomento do emprego en colaboración coas entidades rurais a través

da contratación de persoas desempregadas para a realización de tarefas maioritariamente

relacionadas coa prevención de incendios.


Neste sentido, o concello de Vila de Cruces contou cun investimento da Xunta de 32.000

euros, o que facilitará a contratación de dúas persoas, mentres que en Agolada o

investimento é de máis de 48.000 euros e permitirá a contratación de tres desempregados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe destacar que esta iniciativa conta cun orzamento de máis de 1,1 millóns de euros na

provincia de Pontevedra e beneficia preto de medio centenar de concellos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O delegado territorial aproveitou as visitas para poñer en valor este programa que supón

“unha importante axuda á creación de postos de traballo por toda Galicia” e asegurou que

o programa Aprol Rural permitirá “empregar, só na provincia de Pontevedra, a preto de 70

persoas desempregadas”. Na comarca do Deza-Tabeirós crearanse preto de 20 postos de

traballo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page