top of page

A Xunta financia a contratación de 16 perceptores de Risga en catro concellos dezás

Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 23 traballadores temporais, entre persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión perceptoras da Risga, en seis concellos das bisbarras das Deza e Tabeirós-Terra de Montes cunha achega de 286.708 euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou este martes desta nova concesión de traballadores a prol dos concellos, orientada a reforzar os servizos públicos municipais e a garantir a inclusión social destas persoas sen emprego, tras unha reunión celebrada no edificio administrativo de Campolongo na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño.

“Tras as importantes axudas outorgadas aos concellos da provincia para a contratación de

socorristas e de persoal para prevención de lumes forestais a través do programa Aprol

Rural, dende a Xunta volvemos a colaborar coas administracións locais, neste caso

favorecendo a contratación de persoas en risco de exclusión que se adicarán, principalmente, a tarefas de limpeza e obras públicas, o cal redundará no seu crecemento

persoal e integración social e tamén no interese xeral coa mellora e reforzo dos servizos públicos”, detallou o representante autonómico.

Os concellos de Lalín e A Estrada, con 10 e 5 traballadores, respectivamente, son os

municipios máis beneficiados da zona e recibirán un apoio económico da Xunta de

112.844 euros e de 74.522 euros para sufragar os seus salarios. Ademais, tamén se outorgaron axudas para os municipios de Silleda, Vila de Cruces, Forcarei e Agolada.

Todos os traballadores terán un contrato por espazo de nove meses e unha xornada do

75% do réxime xeral.

Deste xeito, e tras a resolución destas tres derradeiras ordes de emprego temporal para o

reforzo dos servizos públicos e o favorecemento da inclusión laboral, os oito concellos

destas comarcas van poder incorporar de inmediato a 48 persoas para tarefas de

socorrismo, prevención de lumes forestais co Aprol Rural ou as encomendadas

individualmente na liña do Risga grazas a unha achega global de 523.990 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page