top of page

A Xunta financia a construción da nova residencia e centro de día de Dozón cun investimento de 1,5 M€

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O centro residencial contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores

Laura Moure/Dozón

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou a parcela na que se instalará a futura residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón, que será de titularidade municipal. O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e conta cunha partida orzamentaria de 1,5M€.

A conselleira, que estivo acompañada polo alcalde de Dozón, Adolfo Campos, sinalou que este proxecto é unha mostra máis do modelo de coidados centrado na proximidade que impulsa a Xunta.  Así, destacou que a Xunta financiará con 1,5 M€ as obras do futuro centro, que contará con 58 prazas de residencia e 20 de atención diúrna.


Así mesmo, fixo fincapé en que o Executivo galego financiará parte das obras con fondos europeos Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. O orzamento forma parte do Plan de investimentos de 18,5M€ co que a Xunta sufraga máis dunha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de centros de día ou residenciais residenciais en concellos rurais de Galicia. De feito, Dozón é o concello que recibe a maior achega do Goberno galego.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Fabiola García lembrou que o Plan de Investimentos foi acordado coa Fegamp para seguir ampliando a rede pública autonómica de coidados. Así, sinalou que se trata dun exemplo de colaboración entre administracións que permite crear 550 novas prazas públicas de residencias e 110 de atención diúrna.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta liña, fixo fincapé en que a Xunta segue reforzando a rede pública de coidados e destacou que desde 2009 triplicouse a oferta de prazas sostidas con fondos públicos en residencias de maiores, pasando de 5.000 ata as máis de 16.000 que hai nestes momentos.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page