top of page

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos de distintos ríos en Vila de Cruces

Estas accións desenvólvense en tramos dos ríos Beuvas, Añobre, Frontilleiro, e outros tres innominados, ao longo de máis de tres quilómetros


Laura Moure/Vila de Cruces

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Beuvas, Añobre, Frontilleiro, e outros tres innominados, no concello de Vila de Cruces.

Os traballos execútanse en distintos tramos dos ríos, ao longo de máis de tres quilómetros de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintas parroquias deste municipio.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións do departamento que preside Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

1 comentario
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page