A Xunta enviará a partir do luns as SMS para completar a fase piloto do proxecto Xenoma Galicia
- ecosdacomarca
- 19 abr
- 2 Min. de lectura
Mandaranse a persoas con tarxeta sanitaria nos centros de saúde Cedeira, As Somozas, A Coruña, Coristanco, Melide, Mondoñedo, Lugo, San Cristovo de Cea, Ourense, Silleda, Poio, Meis, Cerdedo-Cotobade, Vigo e Gondomar
Ecos da Comarca/Xeral
A Xunta iniciará o próximo luns 21 de abril a segunda fase piloto do proxecto Xenoma Galicia co envío de sms para conseguir 1.000 persoas voluntarias para a determinación do seu xenoma nunha mostra de saliva. As mensaxes remitirán a unha páxina web onde poderán consultar toda a información sobre o estudo, coa opción de optar por participar ou non no estudo. Polo tanto, no caso de aceptar a súa participación, a Consellería de Sanidade remitirá o kit de autotoma de mostra directamente ao seu domicilio.

Así, o participarante poderá realizar a proba cando o desexe e posteriormente entregala nas urnas deseñadas especificamente nos centros de saúde dos concellos das persoas convidadas a participar.
En concreto, enviaranse sms a persoas con tarxeta sanitaria nos centros de saúde dos concellos de Cedeira, As Somozas, A Coruña, Coristanco, Melide, Mondoñedo, Lugo, San Cristovo de Cea, Ourense, Silleda, Poio, Meis, Cerdedo-Cotobade, Vigo e Gondomar.
Publicidade
Á vangarda da medicina personalizada
Coas mostras de saliva recollidas, xerarase unha información fundamental para a historia clínica do paciente, pero tamén moi valiosa para a investigación e para coñecer o perfil xenético da comunidade.
O proxecto Xenoma Galicia comezou en decembro coa súa primeira fase piloto para deseñar a recollida de mostras de sangue.
Publicidade
Esta iniciativa da Xunta aspira a recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e poder así detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticar de forma precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados.
O proxecto de investigación xenómica inclúe a detección do risco de padecer cancro de mama e ovario hereditario, así como hipercolesterolemia familiar e síndrome de Lynch, síndrome asociada, entre outros, ao cancro de colon.
Comments