Laura Moure
A Xunta de Galicia entregou onte tendas de campaña para a atención e despregamento en situacións de emerxencia ás agrupacións de Protección Civil de Lalín, Caldas de Reis, Valga, Cambados e Tomiño para reforzar a atención cidadá e a xestión destes operativos na área territorial de Pontevedra.
Esta concesión enmárcanse na orde de axudas impulsada pola Vicepresidencia 1ª para mellorar os equipamentos de emerxencias das entidades de Protección Civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios e, froito da mesma, outorgáronse distintos materiais ou vehículos a unha quincena de entidades das bisbarras de Pontevedra, O Salnés, Caldas, Baixo Miño e O Condado. En total, a Xunta de Galicia investiu 932.000 euros para dotar de máis equipamentos de emerxencias a 87 concellos e dúas agrupacións.
A entrega a estas cinco entidades de voluntarios realizouse na explanada do edificio
administrativo da Xunta en Campolongo coa presenza dos responsables de Protección Civil destes cinco municipios.
Comments