top of page

A Xunta ensalza en Lalín a saúde e a calidade de vida que hai detrás do consumo dos produtos do mar

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Lalín

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR no concello de Lalín, onde puxo en valor a excelente calidade e propiedades culinarias dos produtos do mar das rías galegas e destacou a importancia de que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada cun efecto moi positivo na calidade de vida dos consumidores.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O titular de Mar, acompañado polo alcalde do municipio, José Crespo, sinalou que esta campaña tamén é unha forma de apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco galego e volveu a criticar co Goberno central continúe negándose a rebaixar o IVE aos produtos do mar a pesar dos informes de diferentes organismos que destacan os efectos positivos que tería esta medida para o sector, promovendo o incremento do consumo e facilitando a xeración de novos postos de traballo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Alfonso Villares valorou moi positivamente o impacto desta iniciativa que está a piques de rachar a barreira das 400.000 persoas participantes de preto de 400 concellos galegos e de parte de España que puideron gozar dalgúns dos petiscos deseñados especialmente para esta campaña co mellor sabor do mar de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O responsable autonómico tamén resaltou a importancia de destacar o traballo e bo facer dos homes e mulleres do mar, auténticos artífices de que cheguen estes alimentos nutritivos e saborosos nas mellores condicións aos nosos pratos.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page