top of page

A Xunta e os Concellos analizarán o impacto de aplicar bonificacións na AP-9 Santiago-Ourense

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A administración autonómica e as locais afectadas, entre elas os municipios de Lalín, Silleda e Dozón, trasladarán a demanda ao Ministerio de Transportes


Ecos da Comarca/Deza

A Xunta e os Concellos afectados acordaron hoxe analizar o impacto de aplicar o modelo de bonificacións da AP-9 na autoestrada Santiago-Ourense e trasladar a demanda ao Ministerio de Transportes. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto cos delegados territoriais da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e en Pontevedra, Luis López, reuniuse con preto dunha vintena de alcaldes dos concellos da traza da autoestrada Santiago-Ourense, dando así resposta a unha solicitude do alcalde de Lalín, José Crespo.

Vázquez Mourelle destacou que a autoestrada estatal AP-53 é clave para a vertebración interior de Galicia, xa que é o eixe de comunicación principal entre Santiago e Ourense, esencial para a competitividade de municipios como Boqueixón, Vedra, Silleda, Lalín, Dozón ou Piñor, entre outros. Lamentou, porén, que na actualidade esta vía non estea a cumprir con está función de vertebración e de mellora da competitividade do territorio.


Ethel Vázquez lembrou que a AP-53 é unha das autoestradas coas peaxes máis altas de España: 7,77cts/km (sen IVE), fronte aos 6,12 cts/km de tarifa media da AP-9, logo das bonificacións aplicadas este verán, ou os 5,67 cts/km das autoestradas autonómicas. Precisou que esta infraestrutura non conta actualmente con ningún tipo de bonificacións, nin sequera para o caso dos usuarios recorrentes, algo que tamén a fai excepcional.


Ante este agravio, no encontro detallouse a realización dun estudo para analizar o impacto que suporía que o Goberno aplicase na AP-53 as bonificacións vixentes na AP-9. Así, a conselleira referiuse á gratuidade da volta para os vehículos lixeiros que regresen en 24 horas; á redución do 20% adicional para os vehículos lixeiros que fagan 20 desprazamentos ao mes; e do 20% para vehículos pesados.


Unha vez realizado este estudo, na xuntanza tamén se acordou celebrar unha nova reunión cos alcaldes afectados para presentar os resultados e remitirllos ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Ethel Vázquez estimou que o custo que suporá aplicar estas bonificacións na AP-53 será moito menor que na AP-9, pero os beneficios para os cidadáns e para o territorio serían enormes.


Explicou que tendo en conta ese menor impacto nas contas estatais e o acordo unánime do Parlamento galego, o estudo permitiría concretar o custo para introducir, vía emenda, a partida necesaria nos Orzamentos Xerais do Estado para que as bonificacións se empecen a aplicar xa o vindeiro ano. Lembrou que se trata dunha demanda social, dos concellos e do Parlamento de Galicia, xa que se aprobaron por unanimidade da Cámara diferentes iniciativas pedindo ao Goberno bonificacións similares ás da AP-9 nesta outra autoestrada estatal xa no ano 2022.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page