top of page

A Xunta e o Concello de Lalín poñen en marcha un novo programa destinado ás persoas maiores do rural

Unha decena de locais sociais municipais acollerán actividades que teñen como principal obxectivo impulsar o envellecemento activo e favorecer a conciliación das familias


Laura Moure/Lalín

ree

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á posta en marcha de Lalín Activa destinado ás persoas maiores que vive no rural. A Xunta de Galicia e o Concello asinaron un convenio para desenvolver actividades que teñen como principal obxectivo impulsar o envellecemento activo e favorecer a conciliación das familias.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Goberno galego achega 75.000 euros para que uns 500 lalinenes conten cunha programación ampla de actividades que lles permita manterse activos o maior tempo posible. Unha decena de locais sociais municipais albergarán iniciativas para fomentar a estimulación cognitivas, favorecer o ocio e as relacións interpersoais. Tamén se levarán a cabo sesións de ximnasia e rehabilitación física e realizarase unha avaliación continua das capacidade cognitivas dos participantes.

Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Hoxe inaugurouse Lalín Activa no local social da parroquia de Donramiro e xa nos vindeiros días continuará a programación noutras instalacións do rural lalinense para chegar ao maior número de participantes posible. A Xunta de Galicia traballa en colaboración cos concellos para impulsar programas innovadores coma este que permitan, por un lado, mellorar a calidade de vida dos participantes ao mantelos máis activos e, por outro, facilitar a conciliación de todas as súas familias.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Preténdese tamén atallar outros aspectos como a soidade non desexada, o deterioro das persoas de máis idade ou a concienciación e sensibilización sobre os hábitos saudables.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page