Alfonso Rueda e José Crespo mantiveron un encontro no que se abordou a próxima aprobación definitiva do expediente de expropiación deste parque empresarial
Ecos da Comarca/Lalín

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo a pasada semana un encontro co alcalde de Lalín, José Crespo, que permitiu reforzar a colaboración entre ambas institucións co obxectivo de seguir impulsando a economía e o benestar no municipio de Deza. Na xuntanza sinalouse o impulso prioritario á cuarta fase do polígono, coa próxima aprobación definitiva do expediente de expropiación. A previsión é que a licitación para as obras arranque a mediados de 2025.
Tamén se alcanzaron diferentes acordos no eido das infraestruturas, a vivenda e a mobilidade, entre outros asuntos. Así, outro dos puntos que se tratou na reunión foi a posta en marcha o próximo ano da construción da base de helicópteros.
Publicidade
Acordouse así mesmo que o Concello cederá unha parcela municipal na que se desenvolverá vivenda de promoción pública, así como a cesión dunha nave da Xunta no polígono de Botos en favor do Concello. Do mesmo xeito, construirase unha pasarela peonil sobre a estrada N-525 para facilitar o tránsito de peóns e peregrinos.
Kommentare