top of page

A Xunta e o Concello de Lalín avanzan no impulso ás diferentes parcelarias neste municipio

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse co alcalde lalinense para abordar este asunto

Laura Moure/Lalín

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse onte co alcalde de Lalín, José Crespo, para avanzar no impulso aos diferentes procesos de concentración parcelaria neste municipio pontevedrés.


Así, a directora xeral informou ao rexedor de que proximamente está previsto presentar aos veciños da zona de reestruturación de Val-Bermés-Sello a correspondente enquisa de acordo e que tamén se prevé dar firmeza en breve ao acordo da zona de Vilatuxe.

No encontro tamén se abordaron os avances ao respecto das zonas decretadas o ano pasado neste municipio. Trátase das de Cristimil, Galegos e Goiás-Xaxán-A Veiga. Só estes tres procesos supoñen actuar nunha superficie total de case 3.500 hectáreas, distribuídas en preto de 14.000 parcelas, propiedade de máis de 1.600 veciños.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page