Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta e o Concello de Boimorto analizan a posible modificación do PXOM

O obxectivo é mellorar a ordenación urbanística da capitalidade municipal, en especial no que respecta ao ámbito do solo urbano


Laura Moure/Boimorto

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, reuniuse este martes coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, para analizar a posibilidade de que o Concello promova unha modificación puntual do PXOM vixente co fin de mellorar a ordenación urbanística da capitalidade municipal, en especial no que respecta ao ámbito do solo urbano.

A reunión deste martes.

Durante a xuntanza, na que tamén participaron dous concelleiros, a rexedora expuxo que o planeamento municipal de Boimorto foi aprobado definitivamente o 6 de febreiro de 2007 e nestes momentos non se atopa adaptado aos principios actuais de sostibilidade urbanística e ambiental. Así, o obxectivo principal da modificación sería acompasar o PXOM ás determinacións establecidas polas Directrices de ordenación do territorio de Galicia para os núcleos principais dos concellos cunha centralidade socioeconómica no seu ámbito.

A estes efectos, os responsable municipais expuxeron que cómpre primar a compactación do núcleo urbano mediante operacións de rehabilitación, reforma e consolidación no seu interior fronte á ordenación vixente, que prevé a súa expansión ao longo das vías de comunicación, sobre terreos en estado natural.

Deste xeito, contribuiríase a reforzar un modelo de ordenación urbana de densidade media ou alta para facilitar as relacións sociais e facer viable a implantación de dotacións, servizos e actividades terciarias nesta zona. Así mesmo, obteríanse novas dotacións ao servizo de todos os veciños, novos espazos libres e zonas verdes, ampliando a concentración no núcleo principal do Concello das dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural e demais servizos de carácter local.

Pola súa parte, Encarna Rivas ofreceulle á alcaldesa a súa máxima dispoñibilidade e a do seu equipo para resolver calquera dúbida que poida xurdir con relación á modificación urbanística que queren impulsar así como sobre os pasos a seguir no marco da súa tramitación ante a Xunta.

19 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE