top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta e Abanca prolongan o seu patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata o 2025

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e

o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, asinaron este xoves o acordo


Laura Moure/Silleda

A Xunta e Abanca prolongan a súa colaboración no patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata 2025. Así se establece no acordo asinado este xoves polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, en calidade de presidente da Fundación, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas. O acto contou coa presenza do director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.


Publicidade

Segundo o acordo, a entidade apoiará a actividade da fundación ao longo dos tres anos e

manterase como patrocinador oficial da Semana Verde e demais eventos relacionados co

sector agrario que se celebren no recinto feiral de Silleda. ABANCA seguirá sendo tamén

patrocinador relevante no resto de actos integrados no calendario do parque de exposicións.


Publicidade

Pola súa banda, a Fundación Semana Verde de Galicia, ademais de garantir a visibilidade

deste patrocinio e a notoriedade de ABANCA nos seus eventos, asumirá a xestión e

produción dos expositores da entidade bancaria na feira Expobiomasa, en Valladolid, e na

Feira Internacional da Maquinaria Agrícola, en Zaragoza.


A sinatura de hoxe supón a segunda renovación dun acordo formalizado en 2015 no

marco da aposta da Xunta pola actividade feiral da Fundación Semana Verde de Galicia

da man de grandes firmas como ABANCA. A frutífera colaboración destes oito anos deu

como resultado esta nova prórroga, coa que se quere seguir afianzando o carácter

estratéxico do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA na organización de grandes

eventos profesionais e, en especial, dos relacionados co sector agrario e gandeiro.


Publicidade

Coa renovación desta colaboración estratéxica, ABANCA dá un novo impulso a un

convenio que en 2015 se converteu nun dos primeiros grandes patrocinios tras o

lanzamento do banco. A entidade financeira ratifica o seu compromiso co sector

agrogandeiro galego, ao que se lle ofrece unha resposta á medida a través dos xestores e

produtos especializados da súa unidade ABANCA Agro. Ante os desafíos que afronta o

sector rural en Galicia, ABANCA ofrece solucións adaptadas tamén grazas á elevada

capilaridade da súa rede comercial. ABANCA é a única entidade financeira que mantén os

servizos en 175 municipios galegos.





0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page