top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta e a Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés presentan o novo folleto turístico

Estiveron presentes os alcaldes e representantes dos once concellos que conforman a mancomunidade: Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria, e Triacastela


Laura Moure/Boimorto

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este martes na presentación do novo folleto turístico do Camiño Francés, elaborado pola Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés ao abeiro dun convenio de colaboración para a promoción turística do territorio e deste itinerario que conta cun orzamento de algo máis dun millón de euros. Merelles estivo acompañado no acto do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, así como dos alcaldes e representantes dos once concellos que conforman a mancomunidade: Arzúa, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria, e Triacastela, nun acto que se celebrou na simbólica igrexa de Santa María a Real do Cebreiro.

Durante o acto, o director de Turismo de Galicia destacou o traballo de promoción, conservación e posta en valor que históricamente leva facendo a Mancomunidade, a máis antiga coa que conta o Camiño de Santiago, e aproveitou para “darlle a noraboa pola proactividade coa que están a traballar na captación de fondos europeos para seguir traballando a prol do Camiño Francés".


Publicidade


30ª Aniversario O folleto que onte se presentou incorpora información de cada concello mediante códigos QR impresos que enlazan coa páxina web da mancomunidade, permitindo unha renovación continua da información sobre aloxamentos, lugares de interese e actividades que se están a desenvolver en cada concello.


Publicidade

Finalmente o encontro serviu tamén para poñer en valor as actuacións que se están levando adiante no marco deste ano en que se celebra o 30ª aniversario da declaración por parte da Unesco do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade. Unha efeméride na que están a traballar tanto desde a Mancomunidade como desde a propia Axencia de Turismo de Galicia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page