top of page

A Xunta dota este ano dun orzamento de 391.000 euros para a mellora de camiños municipais de Deza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), contempla este ano un orzamento de 391.390 euros para a mellora de camiños municipais na comarca de Deza ao abeiro do Plan Marco, segundo anunciou o delegado territorial en Pontevedra, Luís López, nunha visita en días pasados a Forcarei.


Concretamente, o organismo dependente da Consellería do Medio Rural vén de orzamentar, co Plan Marco 89.252 euros a Lalín, 74.426 euros a Silleda, 65.764, a Rodeiro, 65.170 a Agolada, 54.000 euros a Vila de Cruces e 42.778 a Dozón.


“É fundamental realizar un apoio constante aos concellos rurais para soster as súas infraestruturas viarias, tal e como facemos todos os anos dende a Xunta, para mellorar a mobilidade das súas aldeas e parroquias e facilitar as labores agrogandeiras”, indicou o delegado territorial.

Visita de López a Forcarei onde anunciou estas axudas.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page