top of page

A Xunta destina máis de 37 M€ en "actuacións clave" en concellos da comarca de Deza-Tabeirós

Anuncia en concreto investimentos na Estrada, Agolada, Dozón, Lalín e Silleda


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia vén de destinar preto de máis de 37 M€ para a comarca do Deza-Tabeirós no proxecto de Orzamentos 2025, segundo revelou este sábado o delegado territorial, Agustín Reguera, acompañado polo secretario territorial, Ramón Pereiro, e a directora territorial da consellería de Presidencia, Blanca García-Señoráns. O delegado lembrou as “múltiples obras e iniciativas” levadas a cabo con éxito durante o presente exercicio e sinalou algunhas das principais actuacións previstas nestes orzamentos.

ree

Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na comarca, destacan a Autovía

AG-59 que conta cunha achega de 23,13 M€ e que suporá unha importante mellora da

conectividade da zona, cun especial impacto no concello da Estrada. Aínda na Estrada, o

novo edificio xudicial, conta cunha partida de 1,745 M€. Tamén na Estrada contemplase a

rehabilitación total do CEIP Pérez Viondi, con 1 M€.


En Dozón, os orzamentos contemplan 1,2 M€ para a construción do albergue de peregrinos.


No concello de Silleda, as obras de eficiencia enerxética de Semana Verde, contan cunha

achega de 1,5 M€ e o polo de emprendemento contará con 120.000 €.


En Lalín, a actuación de maior importe corresponde á ampliación do Polígono, 4,4 M€;

tamén se mellorará o edificio de Medio Rural, 2,5 M€; a ampliación do IES Ramón Mª Aller Ulloa, 400.000 €; ademais de dúas partidas para a mellora do Camiño de Santiago e o Plan

Hurbe con 290.000 € e 260.000 € respectivamente.


Por último, Agolada conta cunha partida de 622.000 euros para a rehabilitación integral do

CEIP Plurilíngue.


En total, o investimento en actuacións estratéxicas na comarca de Deza-Tabeirós é de

preto de 37 M€.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2025 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de

servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.


O delegado territorial destacou a importancia dos múltiples investimentos en infraestruturas que contemplan estes orzamentos é que son proba da aposta da Xunta

“pola modernización e desenvolvemento destas comarcas clave para a provincia de

Pontevedra”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page