top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta destina a Deza case 125.000 euros para a atención á muller e previr a violencia de xénero


Susana López Abella e Luís López durante a reunión.

Laura Moure

A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas. Estas iniciativas foron abordadas nunha xuntanza telemática celebrada esta martes entre a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, coas responsables dos 17 centros de información á muller (CIM) da área territorial, na que se abordou o seu funcionamento e a posta a disposición de diferentes recursos por parte do goberno galego para o presente ano.


Así, a Xunta seguirá sostendo axudas e recursos para a atención a vítimas de violencia de xénero, como as prestacións económicas, asistencia psicolóxica e xurídica, a través dos CIMs, así como a Rede de Casas de Acollida de Galicia entre outros recursos. Neste punto, concretáronse as novas iniciativas para previr e invertir ante a violencia machista, como consecuencia da covid-19.


Ademais, tamén vanse reforzar os programas de conciliación da vida familiar e laboral e ábrese a posibilidade de establecer vías de colaboración nesta materia cos concellos ao tempo que se manteñen operativos os centros de acollida e se potencia a colaboración coa Rede Galega contra a Trata para atender situacións de especial vulnerabilidade.


O Plan de Reforzo tamén inclúe a ampliación do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, chegando a Xunta a asumir o 100% do seu custo, e a actividade, as 24 horas do día, da atención telefónica a través do número 900 400 273. Tamén permanecerá operativo o asesoramento xurídico en liña e as terapias de apoio piscolóxico, nas modalidades presencial, telemática e telefónica, para todas as mulleres, con especial relevancia para as vítimas de violencia sexual.


A Xunta destinou o pasado ano case 190.000 euros ao mantemento de tres centros de información á muller, que atenden a cinco concellos -o de Lalín é compartido con Rodeiro e Agolada-, nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes e tamén ao desenvolvemento de cinco programas de equidade, conciliación e sensibilización e de loita e prevención contra a violencia de xénero. Concretamente, o CIM de Lalín recibiu 52.000 euros, o de Silleda, 65.000, e Rodeiro, que pertence ao da capital dezá, 7.986 euros para accións de sensibilización.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page