top of page

A Xunta destina 4,8 millóns de euros a axudas a 113 explotacións agrogandeiras de Deza e Tabeirós

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Rodeiro informou desta concesión nunha visita a Gandeiría Coto, beneficiaria destas achegas


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, outorgou axudas por 4.839.282 euros a prol de 113 explotacións e produtores agrogandeiros das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes ao abeiro da liña de axudas para plans de mellora, incorporación de mozos/as á actividade agraria e pequenas explotacións. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, e do alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, informou esta mañá destas concesións nunha visita a Gandeiría Coto SC, emprazada na parroquia de Vilela e beneficiaria destas achegas en convocatorias anteriores.

“As comarcas de Deza e Tabeirós-Montes son o gran motor agrogandeiro da provincia e

por iso a Xunta de Galicia ten un constante compromiso co seu desenvolvemento,

progreso e futuro, que se demostra cos feitos e con este apoio, de case 5 millóns de euros

nun ano, para que sigan enchendo as nosas despensas e xerando riqueza e emprego”,

explicou o representante autonómico. En concreto, a Consellería do Medio Rural favoreceu o desenvolvemento de 67 plans de mellora no último ano cunha achega de 3.204.782 euros e impulsou a incorporación de 41 mozos e mozas á actividade agraria cunha axuda global de 1.559.500 euros, ao tempo que colaborou con 75.000 euros en proxectos de pequenas explotacións. Estas achegas supoñen máis do 80% das outorgadas en toda a provincia de Pontevedra a través destas tres ordes de axudas, que na convocatoria deste ano repartirán 37,5 millóns de euros en toda Galicia.


En canto á distribución por municipios destas tres liñas, Lalín, con 37 beneficiarios, seguido de Rodeiro e Dozón, con 23 e 21, respectivamente, son os municipios coas cifras máis elevadas da provincia. Nas comarcas tamén figuran subvencións para 11 iniciativas

de Agolada, oito da Estrada, seis de Silleda, catro de Vila de Cruces e tres de Forcarei coa seguinte distribución pormenorizada:

En canto aos sectores de actividade agrogandeira e hortícola que foron impulsados por

estas achegas, os proxectos aprobados centráronse en vacas de leite (47), aves de carne

(18), porcos de ceba (17), vacas de carne (11) e hortalizas (7), principalmente, aínda que

tamén hai de xatos de ceba, polos de curral, coellas, enxames e poñedoras de ovos, con

dous cada un, e poñedoras campeiras e froiteiras, con un, respectivamente.

Visita a Gandeiría Coto


Por outra banda, o delegado territorial aproveitou para visitar as instalacións de Gandeiría

Coto SC, xestionada por Xabier Vázquez Pardo e os seus pais Miguel e María, e para

coñecer os investimentos e melloras realizados coas axudas da Xunta. Esta explotación, adicada ao gando bovino de produción de leite e que supera o cento de cabezas, executou un plan de mellora consistente na construción dun cortello, unha fosa

coa súa cubrición e unha sala de muxido. Ademais, en anos anteriores tamén recibiu

achegas polo programa de incorporación de mozos á actividade agraria e para a

adquisición de maquinaria, así como das partidas da Política Agraria Común (PAC).


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page