top of page
Perruquería Marisa.gif

A Xunta destina 31.373 euros para a contratación de nove socorristas en catro concellos de Deza

Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 11 socorristas para a próxima campaña de verán en cinco concellos das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes ao abeiro da orde de axudas para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño, informou da concesión destas axudas, que veñen de notificarse na xornada de hoxe e que nestas bisbarras ascenden a 37.593 euros.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aprobou tres axudas de

salvamento a prol do Concello de Agolada para a praia fluvial por importe de 10.200 euros

e dúas para financiar o servizos de socorrismo nas piscinas de Silleda (7.640 euros),

Rodeiro (6.733 euros), Dozón (6.800 euros) e Forcarei (6.220 euros). En todos os casos,

subvenciónase a contratación por espazo de dous meses.

“A seguridade no verán, especialmente en espazos acuáticos como praias e zonas fluviais

ou recintos municipais como as piscinas, é fundamental para seguir mantendo a Galicia

como destino seguro e por iso dende a Xunta colaboramos moito cos concellos para que

se doten de profesionais axeitados”, recalcou o representante autonómico.

67 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page