A Xunta destina 1M€ aos obradoiros de emprego de Lalín e ao agrupado de Agolada, Dozón e Rodeiro
En total formará a 40 persoas desempregadas durante un ano
Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai destinar 11,2 millóns de euros ao desenvolvemento de 23 obradoiros de emprego na provincia de Pontevedra durante o período 2022-2023 para formar, por espazo de 12 meses, a 446 persoas desempregadas. Entre estes un en Deza. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño, veñen de presentar no edificio administrativo de Campolongo estas iniciativas laborais, que comenzarán maioritariamente a vindeira semana cunha achega de 504.000 euros cada unha delas e beneficiarán a 35 concellos, xa que existen obradoiros individuais, de agrupacións de concellos e de mancomunidades.
“A Xunta volver facer unha aposta fortísima cos obradoiros de emprego na provincia de
Pontevedra, cun investimento por riba dos 11 millóns de euros co que pretendemos
complementar, cun formato distinto, a atractiva proposta da nosa FP e outorgar
oportunidades laborais a moita xente, que ademais recibirá un soldo durante a súa
formación, nunha época que se presume complicada polo contexto e na que o Goberno
galego nunca lle falla á xente”, manifestou o representante autonómico.
En concreto na comarca de Deza, haberá novos obradoiros en Lalín, baixo a denominación de Sendas II e cos módulos de Albanelería de Fábricas e Cubertas e Repoboación Forestal e Tratamentos Silvícolas, e na agrupación de Dozón, Rodeiro e Agolada, que se presenta
como Freixo II e terá formación en Conservación e Mellora de Montes e Repoboación Forestal e Tratamentos Silvícolas. Esta bisbarra poderá formar a 40 persoas sen traballo
cun investimento de máis dun millón de euros.