top of page

A Xunta destina 1,6M€ en axudas ás asociacións de nais e pais para xestión do comedor escolar

A Consellería de Educación abre o prazo desta convocatoria, cuxa contía se reforzou nos últimos anos, ata o 10 de outubro


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia destina un total de 1,6M€ en concepto de axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares durante este curso escolar co fin de axudar ás familias no prezo do menú por comensal. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para que as entidades poidan adherirse a esta liña de axudas, e dispoñen de prazo ata o día 10 de outubro para tramitar a correspondente solicitude de xeito telemático.

O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O Goberno galego reforzou nos últimos anos a partida achegada ás anpas por este concepto, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estas axudas enmárcanse dentro da liña de apoio ao servizo de comedor escolar, comedores que xestiona a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Forma parte, ademais, das distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page