top of page

A Xunta destaca en Rodeiro o importante papel que teñen as axudas da PAC para contribuír ao futuro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, desprazouse hoxe a este municipio


Ecos da Comarca/Rodeiro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presidiu hoxe en Rodeiro unha xornada informativa sobre o importante papel que teñen as subvencións da Política Agraria Común (PAC) para contribuír ao futuro do agro galego.

Neste senso, o director xeral destacou que estas axudas benefician anualmente en Galicia uns 25.000 agricultores e gandeiros, coas que se pretende reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencian os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.

Así, lembrou que na convocatoria 2022, cuxo orzamento total destas achegas é duns 210 millóns de euros, a Xunta volveu habilitar a posibilidade de solicitar anticipos destas achegas, con custo cero para eles grazas á subvención dos xuros.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page