top of page

A Xunta destaca en Agolada o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio

O conselleiro José González fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade


Laura Moure/Agolada

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo este domingo en valor en Agolada o sector da artesanía, ao que definiu como motor para atraer talento e vertebrar o territorio. Así o sinalou durante a súa visita á XI edición da feira Corazón da Artesanía, que se celebra dende o venres ata onte, e onde estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Alí tamén destacou a contribución deste sector á idiosincrasia galega e a difundir a tradición de oficios como xoiería, ourivería, olería, redeiras, carpintería, sombreiraría, instrumentos musicais e tapicería, entre outros, apoiándose na innovación. Nesta liña, fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade.


En canto a Corazón da Artesanía, expuxo que esta cita é clave para o sector pois contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía a través dos showcookings e degustacións que se desenvolven nesta feira dentro do programa Artesanía no Prato.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Trátase dun grande escaparate avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas grazas ao seu papel para impulsar a competitividade do sector e achegar a todos os públicos os oficios artesanais tradicionais. Ademais, esta cita contribúe a impulsar o nacemento de novas vocacións artesanais, o asociacionismo e o cooperativismo.


A mostra contou cun total de 53 profesionais da artesanía, 36 como expositores, 14 como docentes nos cursos especializados e obradoiros abertos a todos os públicos, e diferentes artesáns que participan achegando soportes para Artesanía no Prato. Entre eles, algúns como o cesteiro Álvaro M. Leiro, a zoqueira Elena Ferro ou o obradoiro Seivane, os tres Premios Nacionais de Artesanía.

 

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Apoio da Xunta

O Goberno galego apoia ao sector artesanal con distintas medidas como os máis de 25,13 millóns de euros que leva investidos a través de vías como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade da artesanía galega, así como a estratexia integral para a promoción do sector, apostando pola innovación e a adaptación a novas tendencias.


A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, tamén desenvolve o programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, que impulsou en novembro de 2023 e que terá continuidade. Grazas a el, máis dun cento de persoas levan participado ata o de agora nas distintas accións de formación continua para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais e para captar novos talentos que aseguren o futuro da artesanía galega.

Ademais, esta semana o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 2024 dos Premios Artesanía de Galicia, cos que o Executivo galego busca recoñecer a mestría, a traxectoria e o talento no sector artesanal galego.


Comments

Couldn’t Load Comments
It looks like there was a technical problem. Try reconnecting or refreshing the page.
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page