A Xunta destaca a paisaxe verde de Galicia e a calidade de vida do rural na romaría de Vilar de Donas
- ecosdacomarca
- 4 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu este sábado á romaría popular na honra a San Salvador e en defensa da Galicia Verde, que se celebra na parroquia de Vilar de Donas do concello de Palas de Rei.
Publicidade
Alí reuniuse cos veciños e destacou a importancia de conservar e valorar a paisaxe galega así como a calidade de vida do rural.
Publicidade
Este evento pon de relevo a conciencia de mellora e respecto polo medio ambiente e, á vez, trátase dunha actividade enriquecedora da convivencia, que fomenta o recoñecemento da contorna natural na que se desenvolve.
Comments