top of page

A Xunta destaca a implicación do asociacionismo na dinamización do comercio de proximidade de Melide

Esta fin de semana celébrase unha nova edición do Mercamelide


Ecos da Comarca/Melide

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou este sábado en Melide a XXVIII Feira de Oportunidades Mercamelide, organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto (Asetem- CCA) e o Concello de Melide. Manuel Heredia sinalou que iniciativas coma esta, que se celebra durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposicións da localidade, deixan de manifesto a implicación e compromiso da asociación de comerciantes na dinamización e reactivación do comercio de proximidade do municipio coruñés.

O apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos de actuación prioritarios dentro da estratexia de apoio ao sector da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que en 2021 apoiou con máis de 42.000 euros as diferentes iniciativas que Asetem desenvolve ao longo de todo o ano.

Mercamelide celébrase esta fin de semana en horario continuo de 11 a 20 horas no Pazo de Congresos e Exposicións da localidade. Participan un total de 14 tendas especializadas en mobiliario, menaxe, moda, decoración, produtos do fogar, seguros, produtos deportivos, mercería, complementos, calzado, lencería, perfumería, produtos de beleza e de novas tecnoloxías.

NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page