O conselleiro salientou que se atopan nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia
Laura Moure/Lalín
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo alcalde de Lalín, José Crespo, realizou unha visita técnica á nave propiedade desta dirección no concello de Lalín, que vén de rematar as súas obras de reacondicionamento.
O conselleiro salientou a importancia dunhas instalacións destas características, que contribúen a previr incendios forestais e facilitar a súa extinción. Ademais, atópanse nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia.
Publicidade
Nesta edificación sitúase un taller mecánico centralizado para vehículos como todoterreos e motobombas para parte do parque móbil da Dirección Xeral de Defensa do Monte. A reforma tamén incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico, co fin de dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenamento, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo de extinción de incendios que traballa na contorna.
Nos terreos onde se localiza a nave principal reformouse unha edificación para poder empregala como punto de encontro para as brigadas do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós. Tamén se configura como unha instalación para facer funcións de centro operativo de reunión e agarda de expedicións de bombeiros forestais e persoal nos desprazamentos de media distancia a incendios, así como base para os postos de mando avanzado.
Publicidade
Cabe sinalar que estas actuacións están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural.
Comments