top of page

A Xunta decretou un total de 27 novas concentraciones parcelarias nos dous últimos anos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Destas nas comarcas de Arzúa, Deza e Terra de Melide figuran seis


Laura Moure/Xeral

A Xunta segue a impulsar actuacións públicas necesarias para paliar o minifundismo presente en Galicia, co fin de reverter o abandono das terras produtivas e así mellorar as condicións de desenvolvemento sustentable de actividades agrícolas, gandeiras e forestais, tal e como sinala o ente autonómico. Neste senso, a Consellería do Medio Rural decretou entre o ano 2021 e o que levamos de 2023 en total en toda a comunidade 27 novas concentracións parcelarias. De maior a menor cantidade está a provincia de Lugo (10), A Coruña (7), Pontevedra (6) e Ourense (4). Con respecto ás comarcas de Arzúa, Deza e Terra de Melide figuran seis.


Na provincia da Coruña

Un total de sete novas zonas de concentración parcelaria na provincia da Coruña, que forman parte das 27 declaradas en Galicia nese período de tempo. Así, estes sete novos procesos conlevan unha superficie total de 7.761 hectáreas, distribuídas en 42.412 parcelas propiedade de algo máis de 5.000 titulares. Concretamente, as parcelarias decretadas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia na provincia da Coruña son as de San Xulián de Poulo (Ordes), de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), de Baltar-Golán-Grobas (Melide), de Herbón (Padrón), de Freixeiro (Santa Comba), de Castenda (Tordoia) e de Fao-Novefontes (Touro). Precisamente, estas últimas seis foron decretadas este mesmo xoves no Consello da Xunta.

Estes sete procesos forman parte das 27 concentracións parcelarias decretadas polo Goberno galego desde comezos de 2021. Entre todos, abarcan unha superficie de 22.589 hectáreas e 107.317 parcelas de 15.387 titulares. Estas concentracións teñen como obxectivo a mellora das condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, xa que reducen o número de fincas por granxa e agrupan a súa superficie nun menor número de parcelas, reducindo así os custos de produción das explotacións. Ademais, fíxase a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva e lóitase contra o abandono das terras e avanza na anticipación de incendios forestais.


Na provincia de Lugo

Neste senso, a Consellería do Medio Rural decretou entre o ano 2021 e o que levamos de 2023 un total de 10 novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Lugo, que forman parte das 27 declaradas en Galicia nese período de tempo. Así, estes 10 novos procesos conlevan unha superficie total de 7.137 hectáreas, distribuídas en 19.787 parcelas propiedade de preto de 3.250 titulares.


Concretamente, as parcelarias decretadas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia na provincia de Lugo son as de San Fiz de Paz e de Arcos-Sobrada de Aguiar-San Lourenzo de Aguiar (as dúas en Outeiro de Rei), de San Xoán de Seoane de Pregación (Friol), de Viladonga (Castro de Rei), de Moncelos (Abadín), de Guilfrei (Becerreá), de Riomol (Castroverde) e as de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, de Roás e de Lamas (as tres no municipio de Cospeito). Precisamente, estas tres últimas foron decretadas este mesmo xoves no Consello da Xunta.


Estes 10 procesos forman parte das 27 concentracións parcelarias decretadas polo Goberno galego desde comezos de 2021. Entre todos, abarcan unha superficie de 22.589 hectáreas e 107.317 parcelas de 15.387 titulares. Estas parcerlarias teñen como obxectivo a mellora das condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, xa que reducen o número de fincas por granxa e agrupan a súa superficie nun menor número de parcelas, reducindo así os custos de produción das explotacións. Ademais, fíxase a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva e lóitase contra o abandono das terras e avanza na anticipación de incendios forestais.


Na provincia de Pontevedra

Nesta provincia, a Consellería do Medio Rural decretou entre o ano 2021 e o que levamos de 2023 un total de seis novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Pontevedra, que forman parte das 27 declaradas en Galicia nese período de tempo.

Así, estes seis novos procesos conlevan unha superficie total de 5.876 hectáreas, distribuídas en máis de 31.600 parcelas propiedade de 4.362 titulares. Concretamente, as parcelarias decretadas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia na provincia de Pontevedra son as de Bemil (Caldas de Reis), de San Salvador do Castro (Dozón), de San Miguel de Valga (Valga) e tres no concello de Lalín nas zonas de Cristimil, de Galegos e de Goiás-Xaxán-A Veiga.

Estes catro procesos forman parte das 27 concentracións parcelarias decretadas polo Goberno galego desde comezos de 2021. Entre todos, abarcan unha superficie de 22.589 hectáreas e 107.317 parcelas de 15.387 titulares. Estas concentracións teñen como obxectivo a mellora das condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, xa que reduce o número de fincas por granxa e agrupa a súa superficie nun menor número de parcelas, reducindo así os custos de produción das explotacións. Ademais, fíxase a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva e lóitase contra o abandono das terras e avanza na anticipación de incendios forestais.


Na provincia de Ourense

Neste senso, a Consellería do Medio Rural decretou entre o ano 2021 e o que levamos de 2023 un total de catro novas zonas de concentración parcelaria na provincia de Ourense, que forman parte das 27 declaradas en Galicia nese período de tempo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así, estes catro novos procesos conlevan unha superficie total de 1.812 hectáreas, distribuídas en preto de 13.500 parcelas propiedade de 2.775 titulares. Concretamente, as parcelarias decretadas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia na provincia de Ourense son as de Almoite (Baños de Molgas), de Petín-Portela de Mourisco (Petín), de Rairiz de Veiga (Rairiz de Veiga) e de Soutochao (Vilardevós).


Estes catro procesos forman parte das 27 concentracións parcelarias decretadas polo Goberno galego desde comezos de 2021. Entre todos, abarcan unha superficie de 22.589 hectáreas e 107.317 parcelas de 15.387 titulares. Estas concentracións teñen como obxectivo a mellora das condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, xa que reducen o número de fincas por granxa e agrupan a súa superficie nun menor número de parcelas, reducindo así os custos de produción das explotacións. Ademais, fíxase a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva e lóitase contra o abandono das terras e avanza na anticipación de incendios forestais.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page