top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta declara a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Santa Baia de Losón, en Lalín

Este proceso permitirá reordenar 3.152 parcelas en 945 predios, triplicando o tamaño medio das parcelas ao pasar de 2.198 metros cadrados a 7.333


Ecos da Comarca/Lalín

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, vén de declarar a firmeza do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santa Baia de Losón, no concello de Lalín.


Publicidade

O perímetro da zona de Santa Baia de Losón abarca unha superficie de 693 hectáreas, distribuídas en 3.152 parcelas achegadas ao proceso por un total de 520 propietarios. Deste proceso de reestruturación da propiedade resultan un total de 945 predios, cunha superficie media por leira de 7.333m2, fronte aos 2.198m2 de superficie media das parcelas achegadas.


Coa sinatura da fimerza do acordo dase un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial en Lalín, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso, que quedará finalmente terminado coa posterior entrega de títulos de propiedade


Publicidade

En Lalín están hoxe rematadas cinco parcelarias, abranguendo unha superficie total de 888 hectáreas e beneficiando a 542 propietarios, permitindo reformular 4.489 parcelas en 1.083 predios. Ademais, a estas cinco engádense outras oito concentracións -entre elas, a de Santa Baia de Losón-, actualmente en distintas fases do proceso e que supoñen unha superficie total de 9.980 hectáreas.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page