top of page

A Xunta de Galicia impulsa o I Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil

Valentín García defende a posta en marcha deste certame en homenaxe ao autor cruceño de ‘Memorias dun neno labrego’, o libro en galego máis traducido e editado


Laura Moure/Vila de Cruces

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou este xoves en Santiago a convocatoria do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, organizado pola Fundación Neira Vilas de Vila de Cruces e a Editorial Galaxia co apoio da Xunta de Galicia. Trátase dun certame cuxo obxectivo é renderlle homenaxe ao precursor do xénero de literatura infantil e xuvenil en galego.

No acto, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, xunto co presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, e o director da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, foron os encargados de anunciar a convocatoria deste certame, dotado con 6.000 €, e cuxa recepción de obras estará aberta desde onte e ata o 3 de novembro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude defendeu a posta en marcha dun certame da categoría de infantil e xuvenil en memoria do escritor cruceño Xosé Neira Vilas, ao que erixiu como “pioneiro” deste xéreno en galego coa obra “que a día de hoxe sería considerada todo un betseller”, apuntou en referencia a Memorias dun neno labrego. Este libro saíu do prelo da editorial Follas Novas de Bos Aires en xaneiro de 1961 e tense convertido na publicación en galego máis traducida e editada.


Precisamente, o secretario xeral da Lingua salientou a vixencia desta publicación que segue presente nas escolas e centros de ensino e entre os centos de lectores que, aínda hoxe, segue colleitando en todo o mundo. Neste senso, referiuse ás súas 35 edicións e aos máis de 700.000 exemplares, así como as traducións a idiomas como o alemán, o sueco, o romanés, ucraíno, búlgaro, o esperanto, o checo, o maia ou o ruso e tamén conta con edición en Braille, o que o converte no libro escrito en galego máis traducido e editado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Requisitos

Poderán concorrer a este certame as autoras e autores que presenten os orixinais escritos en lingua galega de obras de creación literaria adscritas ao xénero de novela e dirixidas ao lectorado xuvenil. Deberán enviarse á sede administrativa da Editorial Galaxia e a obra gañadora será publicada na súa colección Costa Oeste. As bases poden consultarse no Portal da Lingua Galega.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page