Son exames para categorías administrativas e de emprego social
Aspirantes en probas anteriores. Foto: Xunta de Galicia
Laura Moure
A Xunta acaba de anunciar as datas dos exames para 396 prazas de categorías administrativas e de emprego social despois de que as autoridades sanitarias autorizasen a súa celebración seguindo protocolos que garantizan a súa realización con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade. As probas celebraranse o 20 e 21 de marzo para nove categorías diferentes e terán lugar simultaneamente en dúas sedes: o recinto da Feria internacional de Silleda e o Pazo de Ferias e Congresos de Lugo, toda vez que a pandemia do coronavirus e as restricións establecidas para controlar a súa evolución deber a adaptar as formas e secuencias de celebración das probas para garantizar a súa realización coa maior seguridade posible.
O sábado 20 pola mañá realizarase en Silleda e en Lugo o examen para 63 prazas do grupo A1 de Psicoloxía//I Psicólogo para a que están convocados 1.253 aspirantes; e pola tarde terán lugar tamén en ambas sedes, as probas para 89 prazas do grupo A2 Traballador social//II Asistente social nas que están chamadas a participar 1.284 persoas. A continuación, o domingo 21 pola mañá terá lugar en Silleda e en Lugo o examen para 174 prazas do grupo A1 do Corpo superior/I Titulado superior al que están convocados 1.601 aspirantes; e xa pola tarde realizaranse en Silleda as probas para 39 prazas do grupo A1 Medicina/I Médico con 95 aspirantes convocados; e para 31 do grupo A1 Bioloxía con 666 persoas convocadas.
Probas con garantías sanitarias
As probas faranse con todas as garantías sanitarias no recinto feiral de Silleda con capacidade para 13.600 persoas e np Pazo de Ferias e Exposiciones de Lugo con capacidade para case 1.800, toda vez que as autoridades sanitarias avalen o protocolo elaborado para a súa celebración. Só se permitirá o acceso a os edificios aos opositores que realicen os exercicios e ao persoal implicado no seu desenvolvemento polo que as persoas aspirantes deben acudir soas, agás que precisen asistencia.
Terán que presentarse á hora indicada na convocatoria, non con antelación; e gardar en todo momento a distancia de seguridade; será obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso e o emprego de xel hidroalcohólico para entrar nos pavillóns. Os seus obxetos persoais serán os mínimos imprescindibles e non se poderá compartir material. En cada unha das portas onde se fagan as probas sinalarase claramente os accesos correspondentes, o que permitirá a súa visualización desde o exterior co fin de axilizar a identificación do acceso que corresponda a cada aspirante.
Ademais, ventilaranse os pavillóns e manteranse as portas abertas durante a realización dos exercicios, sempre e cando non se provoque unha situación inconfortable polas correntes de aire ou derivada do ruído. Os aspirantes que concurran a estes procesos selectivos poderán consultar toda a información relativa ás probas (día e hora de celebración dos exercicios, sede, pavillón) e as medidas de seguridade no portal corporativo.
Comments