top of page

A Xunta convoca a oitava edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Quérese recoñecer o proceso produtivo das explotacións leiteiras de gando vacún da nosa comunidade na obtención dun leite cru da mellor calidade hixiénico-sanitaria


Ecos da Comarca/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan para este ano os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores galegos de leite cru de vaca, coñecidos como premios “Exceleite”.

 Esta oitava edición dos galardóns ten como obxectivo recoñecer o proceso produtivo das explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia na obtención dun leite cru da mellor calidade hixiénico-sanitaria. Trátase de poñer en valor os gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen.

 

Estes premios “Exceleite” distinguen as granxas en tres categorías, en función do seu tamaño  (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, cada unha delas subdivídese en tres grupos, (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Recoñécense ademais especificamente as mellores explotacións ecolóxicas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Poderán optar a estes recoñecementos todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), de tal xeito que consten na base de datos deste centro os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, isto é, desde agosto de 2023 ao mes de xullo de 2024.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, as explotacións deberán atoparse de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das explotacións que se seleccionen para a distinción na categoría de explotacións ecolóxicas, de modo complementario ao anterior, deberán atoparse inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).


Enlace á orde no DOG:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page