top of page

A Xunta confirma a constitución do consello regulador da denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa

A presidencia deste será asumida por Luis Lamas Costa e a vicepresidencia porAntonio Ferreiro Ferreiro


Laura Moure/A Ulloa

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu onte a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, no marco dasr enovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 3 vogalías correspondentes a Unións

Agrarias e a Asociación Agraria de Galicia; outras 3 da lista conxunta Candidatura

Independente Pequenas Queixerías da DOP Arzúa-Ulloa e Candidatura Independente

Queixerías da DOP Arzúa-Ulloa -as 6 son froito de pactos electorais-; e por outras 3

vogalías de candidatura única para Candidatura Independente Queixerías da DOP Arzúa-

Ulloa. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello

regulador a asuma Luis Lamas Costa e a vicepresidencia Antonio Ferreiro Ferreiro.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cabe lembrar que nas pasadas eleccións só votaron determinados censos dos consellos

reguladores das denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Monterrei, Rías Baixas,

Ribeiro e Valdeorras. Tamén, no da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia e

no das IXP das Carnes de Vacún de Galicia. O resto de censos tiñan candidatura única ou

chegaron a un acordo.


Ao longo da semana constituiranse os novos consellos reguladores das indicacións

xeográficas protexidas (IXP) Carnes de Vacún de Galicia, Castaña de Galicia, Pataca de

Galicia e Pan de Cea; así como das denominacións de orixe de Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Rías Baixas. Por último, tamén se constituirá o novo Consello

Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page