top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta concede axudas para a mellora do sistema de abastacemento e depuración de Dozón

Este municipio de Deza recibe dúas achegas para este fin que superan os 90.000 euros


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de conceder axudas para a mellora dos sistemas de abastecemento e depuración de augas aos concellos da Lama, de Dozón e de Crecente ao abeiro da orde para estas actuacións orientadas aos municipios de ata 5.000 habitantes. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou a aprobación destas achegas, outorgadas por Augas de Galicia, nunha visita realizada este mediodía á Lama xunto ao alcalde, Jorge Canda.

“A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está comprometida coa mellora dos servizos de subministración de auga potable e saneamento, malia tratarse de competencias municipais e por iso establece constantes liñas de colaboración cos concellos, como é o caso desta nova convocatoria, que vai cofinanciar máis dun cento de proxectos en toda Galicia”, explicou Luis López.

Visita de López a Lama.

O concello de Dozón será beneficiario de dúas achegas, que tamén superan os 90.000 euros e que financiarán a modernización da subministración no polígono industrial e no lugar de Aldea Grande e a redacción do anteproxecto para unha depuradora na Gouxa.


Estas axudas servirán para sufragar gastos realizados dende o pasado 1 de xaneiro e inclúen tanto o investimento directo na execución das obras como os gastos asociados a elas, entre os que poden figurar o control de calidade ou a dirección dos traballos.




0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page