Congregan en conxunto a 505 alumnos e perciben unha cantidade total de 17.000 euros
Laura Moure/Xeral
Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, a Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, da que resultan 31 entidades, que prestan servizo a case 5.000 alumnos. O orzamento total ascende a 165.000 euros, a mesma cantidade ca o ano anterior e a cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco entidades.
O obxectivo destas subvencións é potenciar o funcionamento dos centros dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte destas entidades que teñen entre os seus fins a formación musical.
Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto. Neste sentido, cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.
CONCELLO | ESCOLA DE MÚSICA | NÚMERO DE ALUMNADO | APORTACIÓN |
Agolada | EMUSPR de Agolada | 107 | 3.608 euros |
Antas de Ulla | EMUSPR de Antas de Ulla | 84 | 2.833 euros |
Lalín | EMUSPR Banda de Lalín | 136 | 4.587 euros |
Lalín | EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe | 109 | 3.676 euros |
Santiso | EMUSPR de Visantoña | 69 | 2.327 euros |
Comments