top of page

A Xunta concede a cinco firmas agroalimentarias de Deza case 1,1 M€ en axudas para a súa actividade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As beneficiarias son Cobideza, Avícola Tratante, Cogal, TripasDeza e Embutidos Lalinense


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 1.083.120 euros a cinco empresas agroalimentarias da bisbarra do Deza en axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader).


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou hoxe desta resolución nunha visita á empresa rodeirense Cogal, que é unha das beneficiarias desta liña cunha achega de 373.317 euros para diversas melloras nas súas instalacións e no funcionamento da súa industria que están actualmente en fase de execución.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

En total, as cinco firmas dezás que contan co apoio da Consellería do Medio Rural ao

abeiro desta orde van realizar investimentos nas súas instalacións por unha contía lixeiramente inferior aos 3 millóns de euros e recibirán os citados case 1,1 millóns en

axudas. As empresas beneficiarias son Cobideza, con 119.250 euros de investimento e

59.625 euros de axuda; Avícola Tratante, con 826.860 euros de investimento e 372.087

euros de axuda; Cogal, con 933.294 euros de investimento e a achega xa referida;

TripasDeza, con 252.820 euros de investimento e 63.205 euros de axuda; e Embutidos Lalinense, con 859.546 euros de investimento e 214.886 euros de axuda.


“A comarca do Deza e as súas empresas, explotacións e produtores son líderes e

referenza do sector primario e agroalimentario en Galicia, polo que contan, para o seu desenvolvemento, cun apoio decidido da Xunta, que cómpre destacar que concedeu a esta bisbarra a metade das dez axudas aprobadas para a provincia de Pontevedra ao abeiro desta liña”, sinalou o representante autonómico.

Visita ao proxecto de Cogal

No marco da súa visita, Luis López, acompañado polo xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, e o alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, coñeceu os proxectos de mellora que está a desenvolver Cogal con esta achega autonómica e que consisten na instalación dun local para a zona de residuos, unha cámara de subprodutos, máquinas cortadoras, liñas de etiquetado intelixente, envolvera automática, un software de xestión cárnica da planta e A ampliación do hardware.


A empresa, que está a piques de cumprir 40 anos e conta 21 socios e preto de 200

empregados en todo o grupo, é lider do sector cárnico do coello en Galicia cunha

produción de máis de 5 millóns de animais ao ano grazas ás súas preto de cen explotacións e o matadoiro co que conta en Álceme.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Cogal é un exemplo, un orgullo para Rodeiro e un referente no sector agroalimentario de

España, porque sostén moitísimos postos de traballo, porque pon en valor a forza das

empresas galegas e do noso agro e porque está en constante evolución para seguir

mellorando, e por iso ten un respaldo constante da Xunta de Galicia, que xa lle concedeu máis de 3 millóns de euros en axudas ao longo da última década para acompañala no seu crecemento”, destacou o delegado territorial. Neste senso, cómpre sinalar que as melloras da empresa nos últimos anos pasaron pola modernización da liña de transformación para incrementar a produción, a instalación dunha central fotovoltaica, a adquisición de maquinaria de última xeración e a ampliación das súas instalacións na entrada da vila de Camba.

1 comentario

1 comentario


xocas gonzalez
xocas gonzalez
01 abr 2023

E o resto? Que fagan como podan,eso ten mérito

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page