top of page

A Xunta comezará nos vindeiros días o arranxo urxente para a mellora da accesibilidade ao núcleo do Bispo en Monterroso

O Concello colabora co Goberno galego nesta actuación tan necesaria para os veciños


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia ten previsto dar comezo nos vindeiros días, unha vez as condicións meteorolóxicas o permitan, as actuacións urxentes orientadas á mellora da accesibilidade ao núcleo do Bispo desde a estrada LU-212 (Monterroso-Lugo). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, destina a estas obras un orzamento de 48.351,88 euros, que serán realizadas polo Grupo Bascuas.

O equipo de Goberno, co alcalde á fronte, Eloy Pérez, desprazouse ata O Bispo para supervisar a zona na que se levarán a cabo os traballos, que van beneficiar aos veciños e veciñas que viven nesta parroquia, así como ás explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolven aquí a súa actividade.


A actuación, declarada de urxencia pola Consellería do Medio Rural tras a petición do Concello de Monterroso da necesaria intervención, consistirá no aglomerado en quente da estrada ao longo dun trazado de preto de quilómetro e medio. O Concello de Monterroso colaborou co Goberno galego na limpeza da estrada, como paso previo aos traballos que van dar comezo.


Publicidade

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, agradécelle á Xunta de Galicia a súa resposta ante esta obra “de enorme necesidade para a parroquia do Bispo ante as malas condicións que presenta a vía ao longo do seu trazado”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page