top of page

A Xunta colabora en Arzúa no desfile de moda do municipio na súa aposta polo comercio local

Ecos da Comarca/Arzúa

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou este sábado no segundo desfile de moda organizado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) e  Centro Comercial Aberto de Arzúa. Con esta iniciativa na que se presentaron diversos produtos e artigos dos establecementos participantes, búscase continuar coa dinamización do comercio local -coincidindo coa conmemoración onte do Día do Comercio de Proximidade- e da economía do municipio.

O director xeral aplaudiu a iniciativa —que conta co apoio do Executivo galego— como un elemento máis de dinamización do comercio e da comarca de Arzúa en xeral, onde os establecementos locais foron os grandes protagonistas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Gabriel Alén tamén resaltou que o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións específicas, unha serie dirixida exclusivamente aos Centros Comerciais Abertos, creando un rexistro oficial para dotalos dunha maior entidade, competitividade e visibilidade, potenciando a súa imaxe, así como liñas de apoios centradas en proxectos de dinamización comercial de valor engadido, sendo este desfile un exemplo dos proxectos beneficiados.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page